jueves, 25 de octubre de 2018

Pepito e Iria.


O xoves pasado, Pepito viaxou a outra casa. Esta vez foi con Iria e a súa familia.

Iria contounos que Pepito se portou moi ben e que durmeu na súa mesiña de noite toda a semana.



Hoxe voltou ao cole con Iria e cunha sorpresa para comer!!!
Brochetas de uvas e queso..."que saben a beso".



Ademais, Iria falounos das cousas boas das uvas: fan que esteamos xóvenes; que fagamos pis a menudo; axúdannos a librarnos dos catarros; dannos ferro, para estar fortes; cando estamos cansos, fan que nos espabilemos; e traen sorte, en fin de ano!!!


Tedes que comer máis uvas: aproveitade, que son unha froita do outono.

Nós xa o fixemos hoxe.

Non quedou nin unha porque houbo quen repetiu.

Gracias a Iria e a súa familia por estas brochetas tan ricas!!!