sábado, 29 de mayo de 2021

Faltábanos trasplantar!!!!! 👩🏼‍🌾

 Faltábanos trasplantar as fresas de Nora, dúas cebolas supervivintes e unha leituga que naceu no medio 🧐. Agora sí que quedou súperbonito.

Tamén quedou bonito Nico o outro día cando o regou Mara e Martina Parada onte cando a regou Lúa 🤦🏽‍♀️.










Outra cousiña!!! Está comezando a pegar moito o sol. Por favor, botádelles crema solar e non lle poñades máis camisetas interiores (dúas capas sobran: camiseta de manga curta e chaqueta). Grazas!

viernes, 28 de mayo de 2021

ANIVERSARIOS DE MAIO.


HOXE FESTEXAMOS OS ANIVERSARIOS DE GRACIELA E IRIA!!!

MOITOS PARABÉNS ÁS DÚAS!!!








FELICES 6 ANOS!!!

martes, 25 de mayo de 2021

AQUÍ NON HAI QUEN GARDE UN SEGREDOOOO....

Supoñíase que o baile de fin de curso ía ser sorpresa. 

Que non iamos dicir nada aos papás e ás mamás, pero, como dixo Sara: 

“¡¡¡¡¡Uy, profe, qué difícil!!!!

Bueno, pois vale. Pido papas. 

Como parece que vos están rompendo a cabeza e que xa hai indagacións polo wasap de familias, vos deixo o enlace e así practicades con eles (utilidade dobre: zumba para a operación bikini).

Pero antes, un anticipo dos ensaios. Por suposto, pedímoslle axuda á superprofesional dos bailes do cole! 😉


 O enlace á coreografía: Coreo Baile fin de curso 2021. 4 anos

E o enlace ao vídeo orixinal (saen Snoopy e Charlie Brown bailando tamén): Better when I ´m dancing. Megan Trainor

POR FIN PLANTAMOS!




























 

viernes, 21 de mayo de 2021

XOGOS DE PATIO.

 

AGORA QUE FAI MELLOR TEMPO, USAMOS AS TIZAS PARA XOGAR NO PATIO, PERO SEGUIMOS USANDO OS ELEMENTOS NATURAIS QUE NOS ATOPAMOS...