jueves, 20 de junio de 2019

UN RESTAURANTE DO BRASIL


A CLASE DE 3 ABRIU UN RESTAURANTE, ESPECIALIZADO EN COMIDA DE BRASIL.

NON O CREDES???

POIS, MIRADE:





PENSAMOS NUN MENÚ TÍPICO E FIXEMOS AS NOSAS CARTAS.








PREPARAMOS OS INGREDIENTES E MANS Á OBRA CO BAURU, ANTES DE METELO NO FORNO...


O CAMARAO...






 E COA PAPAIA.








TAMÉN PUXEMOS AS MESAS CON VERDES, AZUIS E AMARELOS, COMA A BANDEIRA DE BRASIL.






ESPERAMOS AOS CLIENTES E A SERVIR!!!


 BO PROVEITO!!!

ANIVERSARIOS DE XUÑO, XULLO E AGOSTO



HOXE FESTEXAMOS OS ANIVERSARIOS DE PEDRO, GABRIEL E CIRCE!!!

TAMÉN O DE IRIA, INDA QUE ELA NACEU EN MAIO!!!

ESPERAMOS QUE DESFRUTARADES DO VOSO DÍA ESPECIAL AQUÍ NO COLE.




 GRACIAS, FAMILIAS, POR ESTAS MERENDAS TAN RICAS!!!

martes, 18 de junio de 2019

Aniversarios do verán

Hoxe celebramos no cole os aniversarios de Lucía, Dylan e Sasha que cumpren os 5 anos nos meses de xullo e agosto...
Moitas grazas por todo o que trouxestes, estaba boísimo!
Moitos parabéns (adiantados) ós tres!!






Pintamos con café

Non sempre empregamos témperas, rotuladores ou lapis para pintar... Aquí tedes as nosas obras pintadas con CAFÉ, típico en Brasil... Quedaron preciosas, e ulían xenial, a que si?








jueves, 13 de junio de 2019

Cumpleanos Marta

No mes de maio a nosa compi Marta estivo de aniversario e celebrámolo con ela. 
Xa cumpreu 6 anos! Moitos parabéns Marta!




domingo, 9 de junio de 2019

A mellor superpizzeria de O Grove

Como xa sabedes, ó comezo de curso inauguramos un novo proxecto: A que sabe o mundo? relacionado coa alimentación, gastronomía, tradicións... todo aquilo relacionado coa comida.
Por iso, decidimos comezar a cesta viaxeira que nos permitiu descubrir froitas, as súas propiedades e receitas...; investigamos os mercados... e despois sumerxímonos na investigación de tres países do mundo, as súas tradicións e, por suposto... as súas comidas típicas: Italia, China e Brasil.

Como actividade final para pechar o proxecto, decidimos que cada aula de Educación Infantil crearía un restaurante dalgún deses tres países... e á áula de 4 anos tocounos... Italia!

Despois de repasar o aprendido sobre o país, a súa gastronomía... decidimos o nome entre todos/as do noso restaurante: A mellor superpizzería de O Grove. Tras isto, escollimos o menú, a decoración, fixemos a lista da compra, investigamos a función daqueles/as que traballan nun restaurante: cociñeiros/as, camareiras/os... e... o resultado final foi...





Ademais do traballo previo... ese día tamén traballamos un montón: vestímonos de cociñeiros/as para facer a pizza que serviriamos ás nenas e nenos das outras aulas de E.Infantil; amasamos, engadimos ingredintes, prepararamos a mozzarella... e, por suposto, preparámonos para atender ós clientes co noso uniforme...
Saber como atender ós/ás clientes tamén foi un traballo previo, que soubemos aplicar moi ben... e entre atender, servir, cobrar e recoller... pasouse o día.
Pasámolo xenial e, sobre todo, aprendimos grazas á experiencia vivencial... a aprendizaxe significativa sempre se consigue cando aprendemos xogando e investigando.
Aquí tedes un pequeno resumo do día:



Saída fin de curso a Kiriko

Como xa sabedes o pasado 21 de maio fumos de excursión de fin de curso a Kiriko... e pasámolo xenial! Despois da viaxe en bus quedábannos moitas aventuras por vivir: convivir con diferentes animais, traballar na horta, facer galletas e sobre todo... xogar e sorrir!
Deixámosvos un vídeo de resumo desta saída!!


A CESTA VIAXEIRA NA CASA DE ÉRIK

Remata a viaxe da ratiña Elsa pola casa dos nosos amigos de 5 anos, e desta volta foi na casa de Érik.
Durante toda a semana estiveron investigando sobre o albaricoque e contounos que se recollen na primavera e que son bos para os osos, para o corazon e para axudarnos a perder peso.
 Tamén nos contou como fixeron a receta de xeado de albaricoque.


Logo saboreamos este postre tan rico.




Gracias por todo familia!

viernes, 7 de junio de 2019

EIRUGAS DE SEDA


ESTE CURSO OBSERVAMOS ÁS EIRUGAS DE SEDA.

SORPRENDÉRONNOS MOITO PORQUE NUNCA AS VÍRAMOS ANTES.

COIDÁMOLAS CON FOLLAS DE MOREIRA, QUE É O ÚNICO QUE COMEN.