viernes, 31 de mayo de 2019

ANIVERSARIOS DE MAIO


ESTE MES, ESTÁ DE ANIVERSARIO GRACIELA.

MOITOS PARABÉNS!!!


MOITAS GRACIAS POLO BISCOITO, FAMILIA!!!

ESPERAMOS QUE O NOSO REGALO LLE GUSTASE MOITO A GRACIELA.



jueves, 30 de mayo de 2019

jueves, 23 de mayo de 2019

CONTOS EN GALEGO


HOXE VISITOUNOS INÉS, A NAI DE LEO, PARA LERNOS UN CONTO EN GALEGO, POLO MES DAS LETRAS.

ELIXIU PACO PAPÁN, QUE NOS ENCANTOU POLAS COUSAS QUE LLE PASAN A PACO!!!


MOITAS GRACIAS!!!


A CESTA VIAXEIRA NA CASA DE UXÍA

Desta volta toca falar do postre tan rico que nos fixo Uxía coa axuda da súa familia e por suposto da ratiña Elsa: mousse de cereixa.


Durante toda a semana Uxía investigou un pouquiño sobre esta froita e descubreu cousas tan interesantes como que se recollen no verán e que nos aportan ácido fólico, vitamina A, C e E, ferro, potasio.

Escoitade que cousas tan interesantes nos conta!





Gracias por todo familia!

miércoles, 15 de mayo de 2019

A CESTA VIAXEIRA NA CASA DE JUAN MANUEL

A cesta segue de viaxe de casa en casa, e desta volta tocoulle a Juan Manuel.
Como él ben dixo, tivo sorte e puido investigar un pouquiño sobre a súa froita preferida: o mango.
Contounos cousas tan interesantes como que se poden colleitar en todas as estacións dependendo da parte do mundo na que nos atopemos. 
Tamén nos falou das súas propiedades e da receita que fixo en compañía da súa familia, iogur de mango.
Escoitade o ben que nos falou.


Logo, todos poidemos disfrutar deste postre tan rico.




Gracias por todo familia!

jueves, 9 de mayo de 2019

A CESTA VIAXEIRA NA CASA DE ÓLIVER

A semana pasada tocoulle a Óliver disfrutar da compañía da ratiña Elsa, e coa súa axuda investigou o pexego. 
Descubreu que se colleita na primavera e no verán, e que ten múltiples propiedades. E coa axuda da súa familia fixo unhas tartaletas con crema e pexego que estaban sobrosísimas. 
A continuación podedes ver un vídeo con todo o que nos contou Óliver.


Mirade tamén como os seus compañeiros probaron as tartaletas. 




Gracias por todo familia!

martes, 7 de mayo de 2019

CHINA


CHEGOU O TURNO DE VIAXAR A CHINA E, DE NOVO, TIVEMOS A SORTE DE QUE AS FAMILIAS NOS AXUDARAN MOITO!!!

 



lunes, 6 de mayo de 2019

Obra de teatro "Guyi-Guyi"

O pasado xoves 25 de abril fumos a Pontevedra a ver a obra de teatro da Fundación ABanca "Guyi-Guyi"... a historia tiña como protagonista a un "cocopato" que vivía moitas aventuras...
Ás nenas e nenos gustoulles moito, e ás profes tamén!
Aquí un pequeno resumo:








Aniversarios de Sandra e Óliver

Boas a todas e todos! aquí estamos para ensinarvos as fotos dos aniversarios do mes pasado. 
Sandra e Óliver cumpriron xa 6 anos e festexámolo con unha merendola que nos trouxeron as súas familias e que estaba de rechupete! 





PARABENS!