viernes, 28 de diciembre de 2018

ÚLTIMO DÍA DE CLASE ANTES DAS VACACIÓNS DE NADAL

Para despedir o primeiro trimestre contamos con diversas actividades:
 Á primeira hora da mañá fomos ver unha obra de teatro "Restaurante Farruco" da autora Chus Pereira á biblioteca, representada polos alumnos e alumnas do clube de lectura de sexto. 
Os pequenos estiveron super atentos a todo o que facían e votaron unha morea de risas.



Logo fomos cantar e escoitar panxoliñas cos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.





 E por último e non menos especial recibimos a Papa Noel! Un a un démoslle as nosas cartas e regalounos unha dulce chocolatina!














Esperamos que Papa Noel fixese caso ás cartas e vos trouxera todo o que pedístedes! 
BO NADAL A TODOS!

jueves, 27 de diciembre de 2018

A cesta viaxeira na casa de César

A última semana antes das vacacións de nadal disfrutamos escoitando todo o que fixo César esta semana coa ratiña Elsa e todo o que aprendeu sobre os amorodos!
Temos que darlle as gracias a súa familia polo marabilloso vídeo que fixeron durante a elaboración da receita.  Votádelle un ollo:


Logo contóunolo de novo na clase, explicándonos a estación do ano na que medran os amorodos: primavera e verán e tamén as propiedades que teñen: son voas para a vista, para os dentes, para ir ao baño, para os ósos...




E non podemos deixar a oportunidade de amosarvos o ben que leva a bandexa e ese gorro de chef feito a man.




Todos probamos estas saudables gominolas de fresa!



Moitas gracias por todo familia!


A CESTA VIAXEIRA NA CASA DE XOAN

  Aquí vos seguimos amosando todo o que aprenden os nosos cativos na compaña da ratiña Elsa. Desta volta tocoulle levar a cesta viaxeira a Xoan e a froita elixida por él e a súa familia foi o kiwi.
Contounos que fixo unha tartaleta de kiwi e explicounos moi ben todos os pasos necesarios que temos que seguir para que quede perfecta.
ah! e que non se nos esqueza lembrar que esta froita ten vitamina C e moita fibra que nos axudará a ir ao baño moito mellor!



Igual que os seus amigos demostrounos o ben que se lle da servir!



Mirade que ben nos soubo a tartaleta de kiwi:



Moitas gracias por todo familia!

miércoles, 26 de diciembre de 2018

A ratiña Elsa na casa de Daniela!

Aínda que con un pouquiño de retraso aquí vos traemos unha mostra de todo o que investigou a nosa amiga Daniela coa axuda da ratiña Elsa.
A nosa compañeira contounos que as uvas se recollen no outono e que nos dan moita enerxía! 
Coa axuda da súa familia fixo unhas brochetas de queixo curado, queixo fresco e uvas.
Estaban riquísimas!




Trouxo un mandil apropiado para servirlle este manxar aos seus compañeiros.





Como vedes nas seguintes fotos non chegaron a nada e houbo ata quen repetiu!





Gracias por todo familia!

sábado, 22 de diciembre de 2018

BO NADAL

Desexámosvos que teñades un Nadal cheo de sorrisos e apertas, compartindo momentos que gardar na memoria... que é o máis importante.
E a comezar o 2019 con forza! Vémonos á volta!



(para que vexades os detalles...)



viernes, 21 de diciembre de 2018

Preparando a visita de Papá Noel.




Estes días estivemos un pouco nerviosos porque se achegaba o final do trimestre e ía vir Papá Noel visitarnos.
Así que estivemos "escribindo" as nosas cartas para el.


Quedaron ben, verdade?



Tamén fixemos os nosos propios Papá Noel, estampando as nosas mans. Liámonos un pouco ao pegar as pegatinas do gorro, pero todo ten arreglo.

miércoles, 19 de diciembre de 2018

Turrón de chocolate caseiro!

As pasadas semanas estivemos a facer moitas cousas relacionadas co Nadal! Entre elas... turrón de chocolate!
Como o prometido é deuda... deixámosvos por aquí a receita por se queredes facelo nestas datas nas vosas casas (aínda que vai un pouquiño a ollo...), as cantidades son para un turrón:

- 250 gr de chocolate negro (+ de 55% de cacao) + 
[opcional: pódese engadir un pouco de chocolate con leite para que non sexa tan forte]
- Manteiga
- Auga e/ou leite
- Cereais (arroz inflado) ou froitos secos

PREPARACIÓN:

1. Cortamos o chocolate en cachiños o máis pequenos posible e imos poñendo na pota (sen prender o lume)
2. Engadimos un pouquiño de auga e/ou leite,  moi pouco, para que nos axude a derretir o chocolate. Tamén pode derretirse ao baño maría
3. Unha vez que temos o chocolate derretido, engadimos unha cullerada ben chea de manteiga e facemos que se derrita e integre co chocolate
4. Ao conseguir que o chocolate e a manteiga estean ben derretidas, poñemos a mestura no molde e engadimos o arroz inflado e/ou froitos secos que queiramos
5. Deixamos enfriar a temperatura ambiente un rato e despois levámolo á neveira ata que estea ben duro
6. Desmoldamos, cortamos... e a comer!

AGORA MIRADE COMO O FIXEMOS NÓS!



Esperamos que vos gustara a pequena degustación que enviamos ás casas, familias! Se vos animades a facelo, deixade fotos nos comentarios!

martes, 18 de diciembre de 2018

Os sentidos.


Mirade que ben o pasamos, traballando na clase de P.E.L.O.


A nós parécenos que soamente xogamos, pero, en realidade, traballamos unha morea de cousas: linguaxe, atención, discriminación sensorial...

Árbores de Nadal.


Encántanos pintar con pincel!!!
(inda que temos que seguir traballando cousiñas).






Estas semanas estivemos pintando as piñas que vos pedimos, para facer as nosas árbores de Nadal.



Pero, para que sexan de Nadal de verdade, terán que ter algún adorno, non?
Así que ese foi o penúltimo paso. 

 Cando estiveron listos, pegamos as letras do noso nome e...para casa!!!




Estas non foron as únicas árbores que fixemos. Tamén construimos e decoramos as das nosas bolsas dos traballos.

Así que, soamente queda meter os nosos traballos dentro.