sábado, 30 de marzo de 2019

MAMÁ DE MAHE

Rematamos a nosa especial conmemoración ás mulleres coa visita de Nuria, nai de Mahe, que compartiu con nos o seu traballo a cargo dunha axencia de viaxes e dunha empresa de barcos turísticos!
Explicounos cousas tan interesantes como o funcionamento das emisoras dos barcos, que puidemos escoitar e ata facer as nosas chamadas a outros compañeiros co walkie. 
Tamén nos trouxo chalecos salvavidas para que puidésemos probalos e aprender a utilizalos.







Gracias por todo familia!

A TÍA DE ROBERTO

Non só viñeron mamás ao cole, tamén tivemos a sorte de contar con tías como a de Roberto que é enxeñeira química. 
Para explicarnos en que consistía este traballo fíxonos un montón de experimentos que nos deixaron coa boca aberta, e tamén nos fixo un agasalliño: SLIME casero para todos! non sabedes que éxito tivo!







GRACIAS POR COMPARTIR O TEU TRABALLO CON NOS!

jueves, 28 de marzo de 2019

Mamá de Noa

Outra das mamás que nos visitou foi Lorena, a nai de Noa, a cal traballa na sección de charcutería dun supermercado. 
Explicounos como era o seu uniforme, tróuxonos guantes para todos para que vísemos a importancia da hixiene na alimentación, e tamén nos contou como cortan o fiambre e envasan o vacío algúns alimentos, e para iso trouxonos as máquinas.
Para rematar fíxonos uns bocatas... deliciosos!












GRACIAS POR TODO!

Aniversarios Andy, Naira e Maruxa

Hoxe celebramos na aula os cumples de Andy, Naira e Maruxa con moitísimas cousas ricas: un biscoito con moitas sorpresas, unha mousse riquísima e unhas brochetas con moi boa pinta!!

Moitas grazas por todo familias!




Moitos parabéns! Moi felices 5 anos!





miércoles, 27 de marzo de 2019

O traballo da nai de Óscar

A semana pasada tamén veu a nai de Óscar a contarnos en que consistía o traballo de xardineira. Ensinounos unha chea de utensilios do seu oficio e xardíns que fixeron no noso concello. 
Tamén nos trouxo unhas macetas para cada un e plantamos unhas flores que logo levamos para as nosas casas. E para rematar regalóunos unhos chupas con forma de flor.





Gracias por todo!






Mar a nai de Marta

Tamén nos visitou Mar, a mamá de Marta, para contarnos en que consistía o seu traballo de masaxista e esteticien no Hotel. Recibimos masaxes e tamén nos maquillou un pouquiño! 
Pasámolo xenial!






Gracias por compartir o teu traballo con nos!

martes, 26 de marzo de 2019

A mamá de Natalia

Aínda que con un pouqiño de retraso aquí vos seguimos traendo fotos das mamás da clase de 5 anos. Neste caso tocoulle a nai de Natalia, que nos veu falar do seu traballo de recepcionista no hotel familiar, e de todo o que se fai nun hotel!








GRACIAS POR COMPARTIR O TEU TRABALLO CON NOS!