lunes, 4 de marzo de 2019

Fixemos spaghetti como fan en Italia

Como xa sabedes, dentro do noso proxecto A que sabe o mundo? estamos a investigar Italia... e como non, tiñamos que probar que se sinte facendo spaghetti italiano!
Dentro da caixa misteriosa viña esta máquina de facer pasta fresca... e alá fomos, a investigar e probar a ver como era isto de facer pasta...
Desta vez non a comimos... pero pasámolo xenial preparando a masa, vendo como saían os spaghetti e tallarines... e despois xogando coa masa...

Primeiro que nada lavamos as mans e desinfectamos a mesa, aínda que non foramos comelos hai que lembrarse da importancia da hixiene ó cociñar...
Tras ver os ingredintes necesarios: ovos, fariña e sal... comezamos a preparar a masa...




Unha vez que conseguimos que a masa estivera ben compacta, tiñamos que amasar!






E unha vez amasada... á maquina! Facer que quedara o máis fina posible, e despois... a cortar spaghetti!


E aquí vedes o resultado!!! Xenial! A que si?


Pasárono xenial e gustoulles moito isto de "cociñar" pasta fresca...