lunes, 29 de abril de 2019

A cesta viaxeira na casa de Mahe

Antes de Semana Santa a nosa amiga Mahe levou a cesta viaxeira e a ratiña Elsa para a súa casa. Aquí vos deixamos unha mostra de todo o que aprendeu sobre a granada: que medra no outono e no verán e todas as propiedades que ten.
E tamén nos contou os ingredientes que lle fixeron falta para elaborar o batido.


Veu súa nai a facernos un batido super rico... non chegou a nada!









GRACIAS POR TODO FAMILIA!

viernes, 26 de abril de 2019

ANIVERSARIOS DO MES DE ABRIL


HOXE FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE ZELTIA!!!

É A PRIMEIRA DA CLASE EN TER 4 ANOS.

QUE MAIOR!!!





MOITAS GRACIAS POLO BISCOITO, FAMILIA!!!

PARABÉNS, ZELTIA!!!

miércoles, 10 de abril de 2019

PAKOLAS

QUE SORTE TIVEMOS!!!

FOMOS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL A VER A ACTUACIÓN DE PAKOLAS

ENCANTOUNOS!!! XA NOS FIXEMOS ROCKEIROS E ROCKEIRAS!!!


martes, 9 de abril de 2019

Lara e a cesta viaxeira


Desta volta Lara, coa axuda da ratiña Elsa, decidíu investigar un poquiño sobre os arandos. Contounos todas as propiedades que ten esta froita e as estacións nas que se recollen así como a receita tan rica que fixo con eles: Magdalenas de arandos.
Vede este vídeo e veredes todo o que nos contou.


Logo desta explicación Lara repartíunos magdalenas para todos e por suposto non chegaron a nada.






Gracias por todo familia!

A cesta viaxeira na casa de Marta

Con un pouquiño de retraso aquí vos traemos a aventura de Marta coa ratiña Elsa e a cesta viaxeira.
Coa axuda da súa familia investigou a Pera e logo fixeron un biscoito.
Votádelle un ollo ao vídeo.



Logo na clase contóunolo super ben e deixounos moi claro como se facía:



E por último.... a pesar da pena que daba comelo, Marta servíunos biscoito para todos.







Gracias por todo familia!

lunes, 1 de abril de 2019

Aniversario de Manuel

O xoves pasado celebramos o sexto cumple de Manu!que maiores se fan... 
Cantámoslle a canción de Cumpleaños feliz, sopramos as velas con todas as forzas e démoslle o noso regalo!






Parabens Manu!