jueves, 31 de enero de 2019

Pedro e Pepito.








Pepito pasou esta última semana con Pedro e a súa familia.

Pedro tiña moitas ganas de levar a Pepito a súa casa e, por fin, o conseguiu!!!
















A froita que escolleron para ensinarlle foi a laranxa.

Pedro contounos como fixeron o biscoito entre todos e tamén nos falou de todas as propiedades desta froita.









O biscoito estaba taaaaaaaaan bo, que isto foi todo canto quedou...


Moitas gracias a Pedro e a súa familia, polo seu esforzo!!!

martes, 29 de enero de 2019

Preparando o Día da Paz.


Nuns días será o Día da Paz.
Así que, no cole imos adornando os corredores, preparándonos para o noso lip dub.

No corredor da entrada, pegamos as nosas mans, feitas en cartolina, con palabras importantes para nós. Que vos parecen a vós??



Tamén ensaiamos o lip dub, co resto do cole, inda que nos costa un pouco esperar...
 Nós imos usar globos.



En Infantil, estamos facendo un mandala con alimentos: pasta, sal, fabas, millo...
Seguro que queda xenial, inda que pegar as cousas, ás veces, costa un pouco.






Bo traballo clases de 3, 4 e 5 anos!!!

Aniversarios de Xaneiro: Lía, Iker e Izan

Hoxe celebramos no cole que Lía, Iker e Izan xa teñen 5 anos!
Parabéns ós tres!! Que teñades un ano xenial!







lunes, 28 de enero de 2019

Eixa investigou a Pera

A seguinte viaxe que realizou Pincho foi á casa de Eixa para investigar a PERA!
Ela e a súa familia descubriron que a pera soe atoparse máis no inverno, que nos axuda a ir ó baño, que ten vitamina B e C, que ten moita auga e ademais que nos fai estar moi fortes!
Estivo maliña xusto a semana que lle tocou a cesta, pero aínda así trouxo peras para que as probaramos e encantounos!
Moitas grazas polo esforzo e traballo familia!




viernes, 25 de enero de 2019

Circuitos.

Comenzamos a facer circuitos e, inda que ao principio nos costou un pouco, agora dánsenos xenial!!!
Mirade que ben o pasamos!!!




jueves, 24 de enero de 2019

XABI E PEPITO.


Pepito é un viaxeiro incansable. 
Esta vez decidiu ir á casa de Xabi e a súa familia.
Pasouno moi ben alí porque fixo unha morea de cousas!!!

O kiwi foi a froita que lle descubriron e ata lle ensinaron onde nace e como se recolle!!!


 Trouxeron á clase 2 kiwis e contáronnos todas as cousas para as que son bos.

Ata fixeron un libro con debuxos, para que o entenderamos todo mellor!!!
O libro témolo na clase e a todos lles gusta moito lelo. 
Ás veces, ata hai algunha discusión...

Ademais, trouxeron magdalenas de kiwi, para compartir. Era unha receita nova, para a súa familia, pero estaba moi boa!!!


Moitas gracias a Xabi e a súa familia, por todo o seu traballo!!!

A cesta viaxeira na casa de Gala

A ratiña Elsa volveu saír de paseo e desta volta foise pasar unha semana con Gala!
Ela e a súa familia decidiron que ían coñecer un pouquiño mellor as frambuesas e contáronnos cousas tan interesantes como que nacen no verán e no outono e tamén que teñen un montón de propiedades como son vitaminas, calcio, ferro e potasio....
Decidiron facer unhas galletas de frambuesa e polo que Gala conta todos participaron na elaboración da receita! Escoitadea...


Logo de escoitala reparteunos unha galleta a cada un e puxémonos as botas! Estaban boísimas!





Gracias por todo o traballo familia!



ROBERTO E HUGO XA CUMPLEN 6 ANOS!

Esta semana celebramos o aniversario de Roberto e de Hugo, ambos cumpliron xa 6 anos! 

Para festexalo sopraron as velas con todas as forzas do mundo e logo compartiron con nos un trociño de tarta e uns zumos de froitas! Estaba todo boisimo!

 






PARABENS CHICOS!

Pisadas sensoriais e burbullas.



 

Seguimos traballando os sentidos e misturámolo coas burbullas e o soplo.