viernes, 28 de septiembre de 2018

Aniversarios de Setembro.


Setembro está chegando a súa fin, así que hoxe festexamos os aniversarios de Mar e Antía, que fixeron 3 anos durante este mes.
PARABÉNS!!!



Primerio, decoramos as súas coroas e, despois, comemos as galletas e magdalenas, que trouxeron para a festa. 
Estaban moi ricas!!!
Para darlles as gracias, creamos un libro, para cada unha, cos debuxos que lles fixemos.
GRACIAS!!!

jueves, 27 de septiembre de 2018

CUMPLEANOS NATALIA

HOXE É O GRAN DÍA DE NATALIA XA QUE CUMPLE 5 ANOS! POR ISO FIXEMOS UNHA GRAN FESTA NA NOSA AULA, ONDE NOS PUXEMOS AS BOTAS CON ESAS MAGDALENAS TAN RICAS QUE FIXO NATALIA CON SÚA TÍA.


O ENCARGADO DE HOXE ERA HUGO, E POR ISO FOI EL O QUE LLE FIXO ENTREGA DO NOSO REGALO! 
COMO NOS GUSTA DAR BICOS VERMELLOS PARA OS CUMPLES!


E PARA REMATAR O DÍA, UNHA FOTO DE ALTURA NA QUE POSAMOS CON MOITO ESTILO!

miércoles, 19 de septiembre de 2018

Aula de Psicomotricidade.


Explorando o cole, chegamos á aula de Psicomotricidade da profe Paula. 
Estivemos con ela probando as cousas que hai alí e pasámolo moi ben.
Estamos desexando que cheguen os mércores e venres!!!



viernes, 14 de septiembre de 2018

Os manteis.


Cada día estamos un pouco máis na aula e, pronto, teremos que merendar aquí, así que hoxe tocou preparar os nosos manteis.

 

Decoramos as cartolinas, que eliximos, con puntiños de témpera de cores. 
Agora, a secar e plastificar!!!

jueves, 13 de septiembre de 2018

¿De qué color es un beso?


Despois de ler o conto ¿De qué color es un beso?, debuxamos os nosos bicos de cores, para regalarllos ás nosas familias á saída.



Lestedes o conto???
 E vós, de que cor credes que son os bicos???

miércoles, 12 de septiembre de 2018

Coñecendo a aula.


Hoxe tivemos a nosa primeira toma de contacto coa nova aula. Algúns xa nos coñeciamos, pero a outros costounos algo adaptarnos.



Inda que, ao final, a tod@s nos gusta xogar!!!

martes, 11 de septiembre de 2018

COMEZAMOS!

Este curso as profes de infantil Ana, Cris e Marilina poñemos en marcha este blogue para compartir con toda a comunidade educativa as nosas aventuras cos nenos e nenas do CEIP Valle Inclán!
Esperamos os vosos comentarios e participación!
COMEZAMOS