jueves, 24 de diciembre de 2020

TRABALLOS DE NADAL.

 PARA LEVAR OS NOSOS TRABALLIÑOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE, DECORAMOS UNHAS BOLSAS.

COMO NOS QUEDARON???


















BOAS FESTAS!!!

miércoles, 23 de diciembre de 2020

OS ANIVERSARIOS DE DECEMBRO.

 EN DECEMBRO TEMOS UN ANIVERSARIO: O DE GABRIEL SUCHICI!!!

MIRADE A SÚA TARXETA...






PARABÉNS, GABRIEL!!!

FELICES 5 ANOS!!!

martes, 22 de diciembre de 2020

Y ahora sí que sí (última última): El Baile!!

 Aquí vos deixo o enlace: 

Baile de Nadal Ardia 2020

Esforzáronse un mnontón. Biquiños a moreas 💚

Ah! Última publicación: YOGA PARA BAIXAR AS CALORÍAS DAS FESTAS!!!!!

Boas festas, familias! 

Tal como lles prometín aos peques, aquí vos deixo o xogo de asanas de Ioga que fomos elaborando xuntos ao longo do trimestre. A idea é que vos poidan ensinar a facer as posturas (din que ides caer ao chan :); aquí caímos máis dunha vez).

Ao final vos deixo unha relación dos capítulos de OM MOO (dos animáis que fan ioga) que están en youtube. Pero ollo! Os números non coinciden, só os títulos. Os capítulos están na rede dunha forma bastante confusa.

Desfruádeos, porque xa tedes entrenadores de ioga na casa e así non pagades o ximnasio!

Boas festas a tod@s e moitas grazas polos comentarios do outro día 🤗.

Ana.




























lunes, 21 de diciembre de 2020

VÍDEO NAVIDEÑO

E así, na nosa faceta máis rockeira... damos a benvida ás vacacións de Nadal. Dádelle ó play e desfrutade!
¡BO NADAL A TODOS! 😘





domingo, 20 de diciembre de 2020

MISTERIO RESOLTO

E non imaxinades o que nos costou entender que cada día só abriríamos 3 sobres e que os demais ían ter que esperar un pouquiño...😂

Incrible cada unha das reaccións ó descubrir as caricias en forma de palabras bonitas que escondían cada un dos sobres que adornaban a nosa árbore. ¡Gracias e mil gracias pola colaboración familias!




sábado, 19 de diciembre de 2020

AH! XA ME ESQUECÍA!!! GUAPEAMENTO DO MARTES

 


GRAZAS! Ana. 

Fotos e vídeos por se nos botamos de menos en vacacións...

Bos días, familias: 

Xa arranxei o enlace anterior do ensaio do baile (tamén podedes clicar aquí) e engadín dous vídeos máis da maravillosa clase de música coa profe Raquel: Canción 1 e Canción 2.

Asimesmo, fixen un recopilatorio das fotos máis decentes que fixen (sempre a correr) ao longo do trimestre. Espero que disfrutedes e disfruten de verse en acción. Para ver o album clicade aquí: Álbum 1º Trimestre Clase 4 anos Curso 20/21.

Tan só desexarvos boas festas e avisarvos de que non vou contestar emails durante as vacacións. Ávolta, coa reanudación das titorías poderei enviarmos a información que precisedes tamén por esta canle:

                                                        ana.ogando@vinclan.com

A utilidade das axendas, recordarvos, é intercambio de recados puntuais. As direccións de email que todo o profesorado do centro temos (todos en vinclan.com) son o medio que estamos empregando para minimizar ao máximo os encontros presenciais. Non entanto, a hora de atención a pais -virtual, dixital, telefónica ou persoalmente- continúa sendo os martes, de 16h a 17h.  Grazas pola vosa colaboración.

Unha aperta grandísima e feliz nadal! Ana.

viernes, 18 de diciembre de 2020

COLGANDO CORAZÓNS

 "Non somos xigantes, pero xuntos fixemos grandes cousas"

Tódolos días, a primeira hora da mañá, temos o noso momento de coloquio, ese momento onde compartimos como nos sentimos, que fixemos o día anterior despois do cole, canto nos gusta estar e xogar con papá e mamá, os nosos intereses... sen dúbida, é ese momento onde se descobren os afectos,  motores imparables que nos conducen ata o saber. 
Aproveitando o Nadal e toda a motivación que esta época provoca nos nenos/as, na rutina "Momento creativo" apareceu a obra "Corazón" de Van Gogh. A través de esta obra fixemos preguntas como: ¿que vedes?, ¿de qué cores está pintado?, ¿qué pasaría se o corazón non estivera pintado de cor vermella? ... Unha das respostas foi: "O corazón é desa cor porque está contento". Isto levounos a descubrir e desfrutar da lectura do conto "Así es mi corazón". 
Pero aí non quedou a cousa... decidimos facer un adorno de nadal onde houbese un corazón. 

Á profe ocorréuselle acompañar este adorno cun acróstico de cada nome. Aquí vos deixo o resultado final. ¡BO NADAL FAMILIAS! 😘