viernes, 18 de diciembre de 2020

COLGANDO CORAZÓNS

 "Non somos xigantes, pero xuntos fixemos grandes cousas"

Tódolos días, a primeira hora da mañá, temos o noso momento de coloquio, ese momento onde compartimos como nos sentimos, que fixemos o día anterior despois do cole, canto nos gusta estar e xogar con papá e mamá, os nosos intereses... sen dúbida, é ese momento onde se descobren os afectos,  motores imparables que nos conducen ata o saber. 
Aproveitando o Nadal e toda a motivación que esta época provoca nos nenos/as, na rutina "Momento creativo" apareceu a obra "Corazón" de Van Gogh. A través de esta obra fixemos preguntas como: ¿que vedes?, ¿de qué cores está pintado?, ¿qué pasaría se o corazón non estivera pintado de cor vermella? ... Unha das respostas foi: "O corazón é desa cor porque está contento". Isto levounos a descubrir e desfrutar da lectura do conto "Así es mi corazón". 
Pero aí non quedou a cousa... decidimos facer un adorno de nadal onde houbese un corazón. 

Á profe ocorréuselle acompañar este adorno cun acróstico de cada nome. Aquí vos deixo o resultado final. ¡BO NADAL FAMILIAS! 😘