sábado, 19 de diciembre de 2020

Fotos e vídeos por se nos botamos de menos en vacacións...

Bos días, familias: 

Xa arranxei o enlace anterior do ensaio do baile (tamén podedes clicar aquí) e engadín dous vídeos máis da maravillosa clase de música coa profe Raquel: Canción 1 e Canción 2.

Asimesmo, fixen un recopilatorio das fotos máis decentes que fixen (sempre a correr) ao longo do trimestre. Espero que disfrutedes e disfruten de verse en acción. Para ver o album clicade aquí: Álbum 1º Trimestre Clase 4 anos Curso 20/21.

Tan só desexarvos boas festas e avisarvos de que non vou contestar emails durante as vacacións. Ávolta, coa reanudación das titorías poderei enviarmos a información que precisedes tamén por esta canle:

                                                        ana.ogando@vinclan.com

A utilidade das axendas, recordarvos, é intercambio de recados puntuais. As direccións de email que todo o profesorado do centro temos (todos en vinclan.com) son o medio que estamos empregando para minimizar ao máximo os encontros presenciais. Non entanto, a hora de atención a pais -virtual, dixital, telefónica ou persoalmente- continúa sendo os martes, de 16h a 17h.  Grazas pola vosa colaboración.

Unha aperta grandísima e feliz nadal! Ana.