viernes, 30 de noviembre de 2018

ZELTIA E PEPITO.

Esta semana Zeltia tivo a sorte de levar a Pepito para a súa casa.
Parece que o ratiño se portou ben e deixou durmir a Zeltia polas noites.

A froita que lle ensinaron a Pepito foi o arando (arándano).


Zeltia trouxonos a froita nun bote, para que a probásemos. 
A verdade é que algúns de nós nunca comeramos arandos, pero gustáronnos moito!!!

Ademais, a familia de Zeltia fixo galletas de arandos e trouxéronnos unha morea delas. Estaban riquísimas!!!


Moitas gracias por todo o seu esforzo a Zeltia e a súa familia!!!

ANIVERSARIOS DO MES DE NOVEMBRO.





Hoxe rematou novembro e foi venres de celebración:

Festexamos os aniversarios de Brais e Xabi!

Cumplían 3 anos e, como facemos sempre, decoramos as súas coroas, divididos, esta vez, en dous grupos.




Cando chegou a hora de merendar, cantámoslles a Xabi e a Brais, mentres eles esperaban impacientes para soplar as súas tres velas.



E chegou o momento de probar o  pastel de piña e o brazo de xitano, que estaban boísimos!!!




Moitas gracias ás familias de Brais e Xabi, polas cousas tan ricas que nos enviaron!!!




Para agradecérlle a merenda aos nosos copañeiros, regalámoslles uns libros cos nosos debuxos...

PARABÉNS BRAIS E XABI !!!

Fixemos biscoito de cabaza

Aproveitando o proxecto no que estamos inmersos: A que sabe o mundo? e que estamos a investigar os froitos do outono... fixemos un biscoito de cabaza que estaba boísimo!!!!

Probade a facelo na casa, con menos azucre e aceite de oliva, que é máis saudable... que a profe probou na fin de semana e queda igual de rico!


Samaín 2018

Pois si, máis dun mes despois déixovos por aquí o vídeo do día do Samaín! Pasámolo xenial cos nosos disfraces, facendo brochetas de froitas... e compartindo o día todos xuntos!


miércoles, 28 de noviembre de 2018

ASÍ XOGAMOS NOS RECANTOS

Todas as familias saberedes que os nenos están deseando que chegue o momento do día no que van aos recantos cos seus compañeiros. 
Hoxe deixámosvos algunha fotiño mais de todo o que alí facemos, para que vexades que o xogo é moi variado e xorden ideas propias de auténticos inxenieiros!

No recanto dos puzzles construimos fogatas coas regletas cuisenaire, robots con encaixables, facemos postos de venta de colares e xa facemos puzzles de maiores como eles din: 




No recanto das construccións saen cidades, edificios, piscinas...





No recanto dos animais e dos coches que vos parece que pode pasar? pois que os animais viaxan pola vía do tren...


No recanto da biblioteca e das letras, formamos palabras relacionadas coa alimentación na pizarra blanca e con letras de papel, e facemos debuxos de todas as aventuras que se nos ocurren.






No recanto da cociña e do súper podemos ver de todo, familias comendo a mesa posta,  así como enfermos que curan pernas rotas mentres se atopan na peluquería... 





VIVA A IMAXINACIÓN!

Cumpleanos de Marina

O martes Marina cumpleu 5 anos e celebrámolo todos xuntos na clase. 
Cantámoslle con todas as nosas forzas a canción de cumpleanos felíz e logo comemos unha tarta super rica que trouxo para compartir con nos! 






Parabens Marina!



martes, 27 de noviembre de 2018

IOGA.


CANDO VOLTAMOS DO RECREO, ÁS VECES, ESTAMOS UN POUCO MÁIS REVOLTOS E CÓSTANOS PRESTAR ATENCIÓN AO QUE NOS DIN. 
ASÍ QUE, PRACTICAMOS UN POUCO DE IOGA (Á NOSA MANEIRA, TODO HAI QUE DICILO) E XA ESTAMOS LISTOS PARA SEGUIR!!!





COA PRÁCTICA IMOS MELLORANDO.