jueves, 15 de noviembre de 2018

Saída ao mercado de O Grove

O pasado 7 de novembro tivemos a nosa primeira viaxe neste curso, o turitren foi o noso medio de transporte e o mercado de O Grove o destino. Todo porque queriamos saber como é un mercado, que se vende alí... porque como xa sabedes, estamos a traballar o proxecto A que sabe o mundo?
Entre sorrisos e moitos "vamos de paseo... pi, pi, pi" chegamos ao Mercado e descubrimos todo o que alí vendían: verduras, carne, peixe, marisco, pan, queixo, xamón, fuet, flores...
Tivemos moita sorte porque as persoas que alí traballan tiñan un regalo para nós preparado: un pequeno conto e un globo para cada un de nós! E ademais todos nos recibiron cun sorriso...
Coa alegría aínda no corpo deste detalle inesperado, tivemos que facer asambleas por aulas para decidir que iamos comprar co noso presuposto: 10€ para degustalo ao día seguinte no cole. O certo é que, sen querelo, compramos case todas as aulas o mesmo: fuet, xamón, queixo, marmelo... e tivemos que facer contas para conseguir ter un pouquiño de todo!
Unha vez gardado todo na bolsa de tea, había que merendar antes de volver ao cole no tren!
E... ao día seguinte, a comer!
Traballamos moitísimas cousas con todo isto... e seguiremos a traballar moitas máis, pero aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos ese día!