viernes, 16 de noviembre de 2018

Visita á casa de Lucía

A semana pasada tocoulle levar a Lucía a nosa cesta viaxeira e a Pincho, o noso rato rebelde. Xunto á súa familia fixo un gran traballo investigando unha nova froita: a mazá
Descubrimos que a mazá é boa para o cerebro, o corazón, pon fortes os ósos e os dentes, axúdanos a ir ao baño... e ademais fixeron unha riquísima tarta de mazá.
Polo que imos vendo as froitas son moi boas para a nosa saúde e o noso corpo!
Deixámosvos aquí a explicación de Lucía... 
Moitas grazas familia pola colaboración!