miércoles, 31 de octubre de 2018

Contos en familia.

Chegou o día do Samaín e con el os últimos contos de medo, que nos relataron as familias do noso alumnado.

Comenzamos a xornada coa nai de María, da clase de 5 anos, que viña disfrazada coma nós.







Despois, chegou o turno da nai de Gala, tamén de 5 anos.



 E rematamos esa mañá coa nai de Paola, da aula de 3 anos.



Moitas gracias ás tres, polo voso esforzo e interese!!!

 Moitas gracias, tamén, a todas as familias que quixeron participar, pero non o puderon facer pola falta de días!!!
A vosa colaboración é fundamental para lograr un axeitado proceso de ensinanza-aprendizaxe!!!

Creando no Samaín

Durante a semana pasada adicamos algúns días a poñer a nosa creatividade en marcha para facer todo isto! Pasámolo en grande facéndoo e, por suposto, degustando ;)





MANUALIDADES DO SAMAÍN

Durante toda a semana fixemos diferentes manualidades de Samaín, unha delas foi decorar bolsas de plástico con caras terroríficas. 
Pero... que lle metemos dentro?seguide baixando e descubrirédelo!




Pois si! Palomitas! que mellor maneira de aproveitar esta festa para seguir traballando o noso proxecto de centro.





CABAZAS TERRORÍFICAS

Esta semana os nenos do cole trouxeron  cabazas decoradas. 
Todas estaban super relacionadas co proxecto do noso centro "a que sabe o mundo".

Aquí vos deixamos unhas fotiños dalgunhas delas.


Gracias as familias pola súa participación!

martes, 30 de octubre de 2018

Contacontos do Samaín.

Continuamos coas celebración ao redor do Samaín e hoxe volveron as familias ao cole, para entreternos cos seus contos de medo.

Estivo acompañándonos a nai de Leo, da clase de 3 anos.







Tamén veu visitarnos a nai de Noa, da aula de 5 anos.



 E rematamos os contos desta mañá coa nai de Mahe, da clase de 5 anos.





Moitas gracias ás 3 polos vosos contos e polo voso tempo!!!

lunes, 29 de octubre de 2018

Contacontos de Medo.

O Samaín é tempo de contos no CEIP Valle-Inclán!!!
Por iso, hoxe comenzaron os contacontos das familias. 

Veu a visitarnos o pai de Gala, de 4 anos,que nos contou LA BRUJA BRUNILDA Y LA CALABAZA


Tamén estivo con nós a nai deXabi, de 3 anos, que nos leu A BRUXA REGAÑADENTES.






O terceiro conto leunolo a nai de Lara, de 5 anos, que escolleu LOS FANTASMAS NO LLAMAN A LA PUERTA.



Moitas gracias ás tres familias pola súa paciencia e esforzo!!!