jueves, 25 de octubre de 2018

Cesta viaxeira: viaxe á casa de Sasha

A segunda viaxe da nosa cesta viaxeira foi tamén unha gran aventura! Pincho tivo a sorte de pasar unha semana na casa de Sasha, con toda a súa familia, e descubrir todas as propiedades dunha nova froita: o plátano.
Sasha descubrir que segundo o plátano estea verde ou maduro, pode axudarnos a ir ao baño ou todo o contrario; que ten potasio e vitaminas C, B... e que coméndoo temos moita forza!
Ademais, xunto á súa familia fixo unha receita riquísima con chocolate e améndoas, empregando por suposto a froita escollida... que a todos e todas nos encantou!!!
Moitísimas grazas pola colaboración e o bo traballo familia!