jueves, 25 de octubre de 2018

Cesta viaxeira: a primeira viaxe de Pincho

A primeira viaxe de Pincho foi á casa de Lía. Xunto a ela e á súa familia fixeron unha grande labor investigando as propiedades do amorodo! Pincho pasouno xenial na casa de Lía, e ata fixo travesuras! E, o máis importante, xuntos fixeron unha mousse de amorodo riquísima que a todos nos encantou con productos saudables: amorodo, xelatina light, panela (azucre ecolóxico) e iogur desnatado!
Ademais, descubriron que o amorodo é bo para ir ao baño, para que os microbios non entren no noso corpo e tamén para ter ósos e dentes fortes!
Moitísimas grazas pola grande labor que fixestes familia!