sábado, 28 de noviembre de 2020

EXIPTO

DESPOIS DUNHA CONVERSA ESPONTÁNEA NA ASEMBLEA, ENTROUNOS A DÚBIDA DE SE EXISTÍA EXIPTO OU NON. 

ALGUÉN OÍRA FALAR DO ANTIGO EXIPTO E ISO AUMENTOU AS DÚBIDAS.

DURANTE ESTAS SEMANAS COMPROBAMOS, GRACIAS AS NOSAS FAMILIAS, QUE EXIPTO EXISTE.






















OS ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO.

 NOVEMBRO REMATA E COMEZA A FESTA,

ESTE MES FESTEXAMOS OS ANIVERSARIOS DE BRAIS E XABI!!!

AQUÍ PODEDES VER AS SÚAS TARXETAS...










PARABÉNS BRAIS E XABI!!!

FELICES 5 ANOS!!!

jueves, 26 de noviembre de 2020

XOGANDO COS TRAZOS

Hoxe na aula estivemos traballando os trazos e grafismos. Sabedes como?
Primeiro, por equipos tiveron que percorrer diferentes "camiños" pisando a corda e vivenciando co seu propio corpo as diferentes formas: a liña curva, a liña recta, a liña curva pechada... Mirade a súa concentración e equilibrio 😊


Despois cada equipo foi para a súa mesa e nun folio en branco debuxaron os "camiños" tendo en conta as diferentes formas que percorreran. Aquí vos deixo os resultados deste peculiar paseo e que nos serviu para traballar a motricidade fina, o equilibrio, a concentración e, como non, o traballo en equipo. 




DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 EMPEZAMOS TRABALLANDO A LINGUAXE E COMO NOS FAI SENTIR. 

DESPOIS, POR EQUIPOS, ESCOLLEMOS PALABRAS FEAS, QUE NON NOS GUSTA OÍR, E PALABRAS BONITAS, QUE NOS ALEDAN O CORAZÓN.

AO FINAL, TOCOU RELACIONAR AS NOSAS CARAS COAS PALABRAS.

FOI UNHA ACTIVIDADE MOI INTERESANTE!!!









miércoles, 25 de noviembre de 2020

NÓS BERRAMOS NON Á VIOLENCIA, ¿E TÍ?

Con esta imaxe conmemoramos na aula de 3 anos o Día internacional contra a violencia de xénero

A lectura de contos na aula como Rosa Caramelo de Adela Turín ou o País dos mandóns de Paloma Rodriguez serviunos para empezar a xestionar este tema con nenos e nenas tan pequenos.

Outra das actividades que fixemos foi descubrir a obra "El grito" de Edward Munch. Foi unha obra que, sen lugar a dúbidas, suscitou moito interese entre os nenos/as. Ante a pregunta, ¿que vedes no cadro? Estas foron algunha das respostas:

  • É unha persoa
  • Non, é un monstro
  • Tamén hai un barco pirata. Os piratas son malos
  • É unha persoa berrando 
  • Está berrando porque lle gustan os foguetes
  • Asustouse porque atopou un can
Como vedes... hai respostas de todo tipo 😂

Isto levounos a falar sobre o motivo polo cal esta persoa estaba berrando e como se estaba sentindo. Por iso, decidimos falar de todas esas palabras bonitas que nos axudan a sentirnos un pouco mellor e ser mellor persoas cos demais. 

Aquí vos deixo unha mostra de todo este proceso. 








martes, 24 de noviembre de 2020

APRENDENDO COS SENTIDOS

"Os nenos e nenas que teñen liberdade e oportunidade de manipular e usar a súa man de forma lóxica, con consecuencias e empregando elementos reais, desenvolven unha forte personalidade" 
María Montessori
A semana pasada na aula de 3 anos estivemos a voltas co Magosto. Falamos sobre como se celebraba esta festa, que se facía e o boas que estaban as castañas asadas!
Aproveitando que somos uns grandes artistas, decidimos experimentar un pouco coas cores máis representativas do outono. Eso si... dunha forma un pouco peculiar. Fomos capaces de pintar unha castaña con pintura líquida sen tocar a pintura e sen mancharnos nin un só dedo! Todo un reto nestas idades pero... conseguímolo, fixemos maxia!

Con esta actividade traballamos a concentración, a imaxinación e a motricidade fina na mestura e reparto das cores coas que pintamos a nosa castaña. 


Foi xenial ver como sentían a textura da pintura a través do tacto e ían repartindo as cores e creando a súa propia obra de arte, todas diferentes e únicas como eles/as.