sábado, 31 de octubre de 2020

OS ANIVERSARIOS DE OUTUBRO.

 AO REMATAR OUTUBRO, FESTEXAMOS OS ANIVERSARIOS.

ESTE MES FOI O TURNO DE PAOLA E OLIVIA MACEIRA!!!

MIRADE O NOSO REGALO PARA ELAS...








PARABÉNS PAOLA E OLIVIA!!!

FELICES 5 ANOS!!!

SAMAÍN.


QUEREDES VER OS CONTOS DE SAMAÍN, QUE ENVIARON AS FAMILIAS??? NÓS XA OS VIMOS NA AULA.

O VÍDEO DE BRAIS E A SÚA FAMILIA É MOI SORPRENDENTE E DÁ MOITO MEDO!!!



ESTE É O AUDIO QUE FIXO CIRCE COA SÚA FAMILIA. ENCANTOUNOS!!!



AQUÍ VOS DEIXAMOS O CONTO DE GABRIEL GARRIDO E A SÚA FAMILIA. É MOI DIVERTIDO!



MIRADE A CREACION DE LEO E A SÚA FAMILIA. É MOI INTERESANTE!



ESTE É O VÍDEO DE XABI E A SÚA FAMILIA. ERA UN POUCO COMPLICADO DE SUBIR, ASÍ QUE FIXEMOS UN ENLACE. É MOI ENTRETIDO!!!



POR AQUÍ ANDA O VÍDEO DE ZELTIA E A SÚA FAMILIA. UN CONTO DE MEDO!!!


SAMAÍN.

 HOXE FESTEXAMOS UN SAMAÍN DIFERENTE PORQUE NON HOUBO RECEITAS MONSTRUOSAS NIN  XUNTANZA CO RESTO DE AULAS DE INFANTIL, PERO SI HOUBO DISFRACES E FESTA!!!





viernes, 30 de octubre de 2020

FESTEXAMOS O SANMAÍN

 Na clase de 4º de infantil celebramos esta festa de orixe celta a través de diversas actividades: desfile de disfraces, realizamos o noso propio mostruo,cantamos cancións de medo, escoitamos contos. Pasamolo xenial!

Ademáis, descubrimos unha nova emoción: O MEDO. 

¿Por qué é importante traballar esta emoción primaria na educación infantil?

  • axudanos a vivir experiencias novas
  • coñecemos os diversos tipos de medo, non existe un só medo
  • reacionamos ante situación de perigo
  • superar situacións ou circunstancias que nos provocan vergonza, inseguridades
  • danos a oportunidade de xerar ferramentas para afrontar certas situacións que nun principio nos xeneran ansiedade.
  • gracias a el superámonos a nos mesmos, melloramos e resolvemos situacións que a priori, nos parecían imposibles de enfrentar.

A continuación podedes obervar as fotos das nosas actividades. Esperamos que vos gusten.











Para rematar agradecer a colaboración e participación das familias(Roi, Clara e Martiño) que nos enviaron un contode medo  grabado. ENCANTOUNOS! Coa vosa cooperación o noso proceso de ensinanza aprendizaxe obten grande beneficios e proporcionanos unha gran aprendizaxe significativa.

jueves, 29 de octubre de 2020

Esas cousas cotiás...

 Benqueridas familias:

Aquí vos poño unhas fotiños, desas cousas de tódolos días que facemos, que igual non quedan super lucidas, pero a min me encantan (desexo que a vos tamén) porque vexo os avances nos peques: Como traballan en equipo e se lles ocorren cousas cada vez máis creativas, como van facendo un trazo cada vez máis claro...

Os debuxos son de sí mesmos, feitos dun e un coa axuda da maravillosa profe María nesa mesiña ao lado do espello. Se queredes traballar con eles as partes da cara mentres os axudades a peinarse ou lavar os dentes, sería un complemento fantástico!

Unha aperta xigante!






lunes, 26 de octubre de 2020

Corre, corre cabaciña!

 O outono é a época na que as cabazas son as protoganonistas. Hoxe na aula de tres anos, lemos o conto: Corre, corre cabaciña! e posteriormente realizamos a nosa propia cabaza, rasgando papel laranxa e pegando.

As habilidades que favorecemos ao levar a cabo esta actividade son as seguintes:

  • Prensión
  • Coordinación visomotriz
  • Atención
  • Manexo da forza
  • Coordinación bilateral das mans, posto que as ten que mover en direccións opostas
  • Facer a pinza: utilizando o dedo índice e pulgar con forza.
A través desta sinxela e divertida actividade os nenos e nenas están a traballar a súa motricidade fina, tan importante e precisa para a lectoescritura futura.

Para finalizar resaltar unha palabras de Albert Einstein: "O aprendizxe é experiencia"






sábado, 24 de octubre de 2020

O NOSO RECUNCHO DE PATIO

 Persoalmente, eu desfruto moitísimo do patio. 

Non só poque tivemos a sorte de que nos tocara herba, e árbore, e flores, e se vexa o millo, e o mar e se pasee por alí de cando en vez o gato do veciño con cara de sono (que foi un gran acontecemento)...

Senón porque vin a estes pequenos ir transformando o seu xogo. Ao principio todo eran pelexan e “profe, onde están os xoguetes?” E “profe, yo me aburro”. 

Agora debuxan con paus na terra, fan sopas de pedras, voan coas plumas das gaivotas nas mans, tiran bombas de herbas e fan que son confeti (porque todos os días é festa, seica), fanse coxeguiñas no pelo, trenzas a min, xogan a pillar e a trenes, cólganse da árbore coma monos... 

É dicir, que están desenvolvendo intensamente a imaxinación que esta sociedade saturada que temos lles estaba apagando. 

Un libro maravilloso para profundizar nisto é “La educación del asombro” de Catherine L´Ecuyer.

Aquí vos deixo un link a un artigo seu que O BORDA: https://catherinelecuyer.com/2016/07/06/la-importancia-de-educar-en-el-asombro-y-en-la-realidad/

Espero que vos faga tan feliz como a min velos nestas fotos tan cotiás 😊. Aperta grandísima, Ana. 






TANTA LERIA COAS ESTRELAS....

 Bos días 🌞 a todas as familias!!!!

Estos peques están tan motivados de conseguir estrelas prateadas levantando a man, acertando letras e números, camiñando polas nubes, facendo as posturas de ioga e canta cousa se nos vai ocurrindo, que houbo que inventar algo para darlle soporte! 

Foi moi gracioso porque algún empezara xa a acumular as estrelas no mandilón, no tarxeta do bus ou na etiqueta do seu nome da mesa... e estaban tapando todo! Outros estaban lavando as mans bastante regular para que non lle caeran... 

En fin, que en vista da importancia tesorística que lle deron, deseñei estes CARNÉS SEMANAIS:




Estes son os da semana próxima. Ao levalos o venres para casa xunto co mandilón tamén lle serven para ensinarvos orgullosamente o moito que traballaron 🙂. Nós estamos encantadas coas ganas que lle poñen a todo!

Agora, un par de aclaracións pedagóxicas: 
1) Sempre vamos a buscar a maneira de premiar algo a todos, incentivalos e reforzar o positivo.
2) As “caras chungas” as uso en ocasión moi contadas, unha vez esgotados 3 avisos serios, por incumprir unha norma de convivencia. É dicir: son de comportamento, nunca por fallar ou non saber contidos.

Espero que vos sirvan tamén a vos para entablar un diálogo contructivo con eles! 
Unha aperta enorme, Ana.




viernes, 23 de octubre de 2020

AS NOVAS FORMAS DE XOGAR.

 NA AULA TIVEMOS QUE ADAPTARNOS MOITO, PARA RESPECTAR OS PROTOCOLOS E TRATAR DE MANTERNOS O MÁIS SANS POSIBLE.

UNHA DAS COUSAS QUE MÁIS CAMBIOU FORON OS RECUNCHOS, QUE XA NON EXISTEN.

AGORA OS XOGOS TEÑEN QUE SER INDIVIDUAIS E OS MATERIAIS HAN DE DESINFECTARSE, SE OS VAI USAR UNHA SEGUNDA PERSOA, POLO QUE DECIDIMOS QUE ESCOLLEMOS ALGO CO QUE EXPERIMENTAR/XOGAR E, ATA O PRÓXIMO DÍA, NON PODEMOS CAMBIAR.

ESTAMOS AFACÉNDONOS MOI BEN!!!





ÚLTIMOS RECURSOS DESTA SEMANA

 FALTABAN POR AMOSAR OS RECURSOS SOBRE O MAR DE ONTE E HOXE.


ANTÍA TROUXO UN OURIZO DE MAR E CUNCHAS DE VIEIRAS. EXPLICOUNOS QUE AS CUNCHAS SERVÍAN PARA FACER MÚSICA...

E FÍXONOS UNHA DEMOSTRACIÓN.


TAMÉN FIXO DOUS NOVOS DEBUXOS.



ZELTIA TIÑA NA CASA UN NARVAL, UN PEIXE GLOBO E UNHA CARACOLA.



OLIVIA TROUXO UN DEBUXO DO MAR, CON FORMA DE PEIXE.


GRACIAS!!!

miércoles, 21 de octubre de 2020

Hora de experimentar

Esta semana experimentamos cun limón!

Tras o patio Clara trouxo para clase un limón. Tódos e todas as cativas da nosa clase querían aportar os seus coñecementos sobre esta froita. 



Posteriormente, realizamos diversas actividades con el; observamos que cor tiña, tocámolo (previa desinfección) e comprobamos cómo era por dentro e que contiña.

Gran sorpresa levaron os cativos/as cando descubriron que o limón contiña zume de cor amarelo claro.



Para rematar,  pintamos con él. Foi moi divertido!






COUSIÑAS

 ENSINÁMOSVOS AS COUSIÑAS QUE CHEGARON HOXE Á AULA.


ZELTIA FIXO ESTE FANTÁSTICO DEBUXO DO MAR.



ANTÍA TAMÉN NOS AMOSOU O SEU DEBUXO.



IRIA ATOPOU ESTAS DÚAS CUNCHAS, MOI BRANQUIÑAS.



A BRAIS EMPRESTÁRONLLE ESTAS CUNCHAS, DE DIFERENTES ANIMAIS. 

XENIAL!!!