martes, 4 de diciembre de 2018

Mesa do outono

Fai unhas semanas pedímosvos colaboración para crear unha mesa de froitos do outono que nos quedou super completa gracias á vosa axuda! Moitísimas gracias por colaborar familias!

Nesta mesa tivemos de todo: chirimoyas, caquis, feixoas, kiwis, uvas, peras, laranxas, mandarinas, aguacates, marmelos, mazás, marmelos, cabazas, granadas, améndoas, cacahuetes, pistachos, castañas, abelás, noces... 

Pouco a pouco estivemos probando durante estas semanas todos estes riquísimos froitos do outono, facendo receitas con eles: biscoito de cabaza, zume de laranxa, batidos de kiwi e mazá, probamos os froitos secos... e tamén froitas algo máis descoñecidas para nós como a granada ou a feixoa...
Algúns gustáronnos e outros non, pero que bo é investigar como son os froitos, para que sirven, coñecer os seus olores e sabores...

Está sendo unha gran experiencia!