lunes, 3 de mayo de 2021

Recursos de reforzo e ampliación




Bos días a tod@s!!!

Como xa son varias as familias que me pediron recursos ou ideas para reforzar as aprendizaxes no verán, ou simplemente manter un algo do ritmo de traballo, creei un taboleiro en PINTEREST para compartir con vós. É unha aplicación súper útil e facilita as búsquedas moitísimo, porque cando miras debaixo dun recurso aparecen outros moitos similares.

Vou a ir metendo ideas de collage, de trazo, de facer conxuntos, xogos de sumar... un pouco de todo. Se tedes preferencias ou solicitudes, non dubidedes en pedir pola axenda ou polo email. Así vou metendo e nos aportamos entre todos 😉.

Grazas polas suxerencias xa dadas!

Este é o enlace:  TABOLEIRO PINTEREST CLASE 4 ANOS