domingo, 24 de enero de 2021

NEVE NO GROVE

Filomena non só foi noticia nos telediarios... no momento de coloquio na asamblea moitos dos nenos e nenas contáronnos que na tele viran nevar.

É un tema que despertou gran interese e deunos moito xogo para formular preguntas como

  • ¿Por qué neva?
  • A neve, ¿é fría ou quente?
  • ¿Por qué no Grove non nevou?
  • ou ¿qué pasaría se nevase no cole?
Unha das nenas contounos que ela tocara a neve unha vez e que o pasara xenial xogando con ela. 
E como no grove non nevou e todos querían tocala e xogar con ela, decidimos facer nós a neve... eso sí, esta era quente😂
Mirade como disfrutaron.