martes, 21 de abril de 2020

REINO UNIDO LITERARIO

OS E AS REPRESENTANTES DE REINO UNIDO XA ATOPARON MOITOS CONTOS ESCRITOS POR AUTORES INGLESES!!



Iker douse conta que na casa, tiña un conto que fora escrito por un autor de Irlanda do Norte! E mandounos a ficha técnica do libro, "Adiviña canto te quero"
O Amor (ao igual que outros sentimentos) é algo complicado de medir, e en ocasións cando se trata de encontrar a forma de expresalo non é algo doado.




Izan móstranos a ficha técnica do conto que investigou, "O grúfalo", conto que tamén ten en casa e que está escrito por unha chica de Londres. Ademais, tivemos a sorte de escoitalo no cole, recordades cando? 

MOI BO TRABALLO CHICOS!

Raquel escolleu "Alicia en el país de las maravillas", un conto escrito por un famoso autor de Reino Unido. 
E se vos apetece ver o conto, aquí vos deixo o enlace que nos mandou!

















A Naira tamén lle gustou moito a historia de Alicia e o do sombrerero e fixo este debuxo tan bonito 😍






Lía investigou moitísimo! E fixo un libriño onde escribiu toda a información do escritor ingés William Shakespeare. Noraboa Lía quedouche moi chuli 😉

Ademais, tamén fixo unha ficha ténica do conto "El grúfalo". Noraboa por todo o traballo Lía!!



Peter Pan de James Matthew Barrie e o libro escollido por Brais, o cal nos conta que lle encanta leelo pola noite.