sábado, 14 de marzo de 2020

SUPERAVOAS

Aproveitando a celebración do Día Internacional da Muller, o alumnado de infantil levou a cabo unha actividade para recoñecer o labor desas avoas ou familiares máis cercanos. 

Isto axudounos a coñecer oficios e a darnos conta de que as nosas familiares son todas unhas auténticas heroínas! 💪💜