viernes, 15 de febrero de 2019

Descubrimos as gafas VR

Sabedes o que son as gafas VR? Estas gafas permítennos "viaxar" sen movernos da aula... 
Empregando un teléfono móbil e unha app (ou tamén Youtube), podemos ver vídeos en 360º e simular que estamos na sabana cos leóns, debaixo do mar con tiburóns e baleas, nunha montaña rusa ou nun parque xurásico con dinosaurios...
O certo é que os nenos e nenas da aula alucinaron! Tódolos días dende que as descubriron queren pasar un momento viaxando a outros mundos e espazos...
E se as usamos para ir a Italia? É unha forma barata de viaxar, non?