Esta semana Zeltia tivo a sorte de levar a Pepito para a súa casa.
Parece que o ratiño se portou ben e deixou durmir a Zeltia polas noites.
A froita que lle ensinaron a Pepito foi o arando (arándano).
Zeltia trouxonos a froita nun bote, para que a probásemos.
A verdade é que algúns de nós nunca comeramos arandos, pero gustáronnos moito!!!
Ademais, a familia de Zeltia fixo galletas de arandos e trouxéronnos unha morea delas. Estaban riquísimas!!!
Moitas gracias por todo o seu esforzo a Zeltia e a súa familia!!!