jueves, 1 de noviembre de 2018

Obradoiro de cociña.


Hoxe ensinámosvos o que fixemos coa froita que enviastedes ao cole.
Como parte das actividades da celebración do Samaín, realizamos un obradoiro de cociña.
O traballo consistía en facer brochetas de froitas que, despois, colocabamos nunha cabaza, coma se fosen o seu pelo-pincho. 
Tivemos que facer traballo en cadea, traballando atención, dereita-esquerda, ao lado, coordinación ollo-man...e, por suposto, nomes de froitas, sabeores, cores...






 Ao rematar o traballo, tocou merenda coas clases de 4 e 5 anos e as súas brochetas.
A verdade é que o comemos todo!!!



Para rematar a mañá, vimos un vídeo de monstruos bos.

 Foi unha mañá diferente.