Na saída de onte ao mercado de O Grove, mercamos en grupos pequenos diferentes productos. Tiñamos 10 euros de presuposto e gastamos 9, así que inda nos sobraron unhas moedas.
Trouxemos para a clase queixo, xamón e chourizo.
Hoxe tocou probar eses productos tan ricos, pero pensamos en facelo dunha maneira diferente: facendo quesadillas!!!
Oprimeiro foi lavar as mans, para poñernos a cociñar.
Despois, nos grupos da clase, comezamos a colocar primeiro unha tortilla mexicana; despois, queixo, xamón e chourizo; e, por último, outra tortilla mexicana.
O grupo decidiu que quería poñer os tres productos en cada quesadilla.
Para acabar, puxémolas na plancha e a comer!!!
Foi moi divertido!!!