A semana pasada as nenas e nenos de 5 anos fomos a biblioteca do cole coa profe Noemí.
Pero desta volta non fomos a coller un conto para levar para as nosas casas, senón que fomos a practicar cos nosos marcadores de libro!
Sabedes o que son? pois contámosvos: Estes sérvennos para marcar en que sitio está o conto que collemos para ler na biblioteca, desta maneira cando rematemos de lelo volvemos á estantería e sabemos cal era o seu sitio exacto. Mirade que ben o fixemos!