O Equipo de Educación Infantil, está organizando unha Mesa do Outono e, por iso, empezaron a chegar a nosa aula as froitas propias desta estación do ano.
Cada un trae as froitas que se lle ocorren. Algunhas xa as coñeciamos e outras non.
Pero, con todas probamos a facer cousas que non facemos normalmente na casa: tocar a súa pel con atención; cheirar a peza de froita; escoitar se se move algo dentro...
Seguro vos sorprenderiades das cousas que descubrimos: algunhas froitas teñen pelo, outras pesan moito ou cheiran ben ou están frías...
Cada día, ao rematar a fase de exploración sensorial, levamos as froitas á Mesa do Outono.
Seguro que, ao final, vai quedar unha Mesa ben chula.
Xa o veredes!