lunes, 5 de noviembre de 2018

A biblioteca do centro.


Os luns imos á biblioteca do centro para facer a devolución e o préstamo do libro semanal, que levamos para a casa.
Hoxe a profe Noemí, a coordinadora do Equipo da Biblioteca, estivo ensinándonos a empregar os marcadores que creamos cos cartóns do leite e a axuda dos alumnos de 6º.
Se queremos ver libros na biblioteca, temos que coller o noso marcador personalizado e colocalo no sitio do libro que imos ollar.
Ao rematar de velo, devolvémolo ao seu lugar e retiramos o noso marcador.
Costounos un pouco ao principio, pero, despois, xa nos resultou máis sinxelo.
Teremos que practicar ao longo do curso.