GRACIAS A VÓS e á vosa inestimable contribución para material, puiden ir á fantástica tenda LA HABITACIÓN DE LOS JUGUETES en Pontevedra (Su blog) que ten os, imos dicilo así, PREMIOS NOBEL de xogetes a nivel internacional.
Recoméndoa moito moitísimo, igual que a LIBRERÍA SEIJAS (tamén en Pontevedra).
Se andades un pocuo perdidos para un agasallo ou queredes algo diferente e non sabedes qué, en ambos sitios os van a asesorar de maravilla. (E non levo comisión, prometido).
Os xogos que merquei (máis adiante traerei outra tanda) parecen xoguetes pero ajajá!!!!! vannos servir para traballar un montón de HABILIDADES E CONCEPTOS. A grandes trazos, tratei de compartilo con vós en cada unha das fotos seguintes:
Cos robots (todos parecidos, pero sempre con pequenas diferencias), se traballa a ATENCIÓN, A DISCRIMINACIÓN VISUAL, A SIMETRÍA... ademáis da motricidade fina, o equilibrio, a paciencia e a calma, porque... as pezas hai que colocalas con moito coidado!!!
Esta sería unha ficha clásica de seriación (pero coas brochetas eles motívanse máis):
E por último algo que vale para cincuentamil xogos que facemos a diario na escola, que espero lles vaian facendo amar as MATES dende xa...
Espero que vos gusten tanto como a min e que os peques lles saquen todo o partido posible! Xa vos irei compartindo as fotos dos momentos de xogo para que vos poidan explicar na casa en qué cousas interesantes andamos por aquí (e velos disfrutar 😊).
Unha aperta grandísima, Ana.