Hoxe na aula estivemos traballando os trazos e grafismos. Sabedes como?
Primeiro, por equipos tiveron que percorrer diferentes "camiños" pisando a corda e vivenciando co seu propio corpo as diferentes formas: a liña curva, a liña recta, a liña curva pechada... Mirade a súa concentración e equilibrio 😊
Despois cada equipo foi para a súa mesa e nun folio en branco debuxaron os "camiños" tendo en conta as diferentes formas que percorreran. Aquí vos deixo os resultados deste peculiar paseo e que nos serviu para traballar a motricidade fina, o equilibrio, a concentración e, como non, o traballo en equipo.