miércoles, 25 de noviembre de 2020

NÓS BERRAMOS NON Á VIOLENCIA, ¿E TÍ?

Con esta imaxe conmemoramos na aula de 3 anos o Día internacional contra a violencia de xénero

A lectura de contos na aula como Rosa Caramelo de Adela Turín ou o País dos mandóns de Paloma Rodriguez serviunos para empezar a xestionar este tema con nenos e nenas tan pequenos.

Outra das actividades que fixemos foi descubrir a obra "El grito" de Edward Munch. Foi unha obra que, sen lugar a dúbidas, suscitou moito interese entre os nenos/as. Ante a pregunta, ¿que vedes no cadro? Estas foron algunha das respostas:

  • É unha persoa
  • Non, é un monstro
  • Tamén hai un barco pirata. Os piratas son malos
  • É unha persoa berrando 
  • Está berrando porque lle gustan os foguetes
  • Asustouse porque atopou un can
Como vedes... hai respostas de todo tipo 😂

Isto levounos a falar sobre o motivo polo cal esta persoa estaba berrando e como se estaba sentindo. Por iso, decidimos falar de todas esas palabras bonitas que nos axudan a sentirnos un pouco mellor e ser mellor persoas cos demais. 

Aquí vos deixo unha mostra de todo este proceso.