Bos días, familias!
Hoxe estiven sacando unhas fotiños das tarefas que facemos durante a primeira hora, para que poidades entender mellor as cousas do cole que vos contan os peques e axudarlles a eles con este apoio visual a contarvos con máis detalle.
Unha vez “enmandilonados”, o encargado/a do día anterior escolle ao seguinte (coa variña máxica).
A encargada de hoxe -neste caso Carmen- etiquétase a sí mesma no panel de rexistro e no seu carnet cunha pegatina especial.
A encargada escolle aos “encargadillos” de equipo, en función da cantidade de pegatinas que teñan no panel de rexistro. É dicir: van sendo escollidos de forma equilibrada (esta semana terán todos 4 pegatinas). E rexistran no panel e nos carnés.
Continuará....