martes, 24 de noviembre de 2020

APRENDENDO COS SENTIDOS

"Os nenos e nenas que teñen liberdade e oportunidade de manipular e usar a súa man de forma lóxica, con consecuencias e empregando elementos reais, desenvolven unha forte personalidade" 
María Montessori
A semana pasada na aula de 3 anos estivemos a voltas co Magosto. Falamos sobre como se celebraba esta festa, que se facía e o boas que estaban as castañas asadas!
Aproveitando que somos uns grandes artistas, decidimos experimentar un pouco coas cores máis representativas do outono. Eso si... dunha forma un pouco peculiar. Fomos capaces de pintar unha castaña con pintura líquida sen tocar a pintura e sen mancharnos nin un só dedo! Todo un reto nestas idades pero... conseguímolo, fixemos maxia!

Con esta actividade traballamos a concentración, a imaxinación e a motricidade fina na mestura e reparto das cores coas que pintamos a nosa castaña. 


Foi xenial ver como sentían a textura da pintura a través do tacto e ían repartindo as cores e creando a súa propia obra de arte, todas diferentes e únicas como eles/as.