sábado, 24 de octubre de 2020

TANTA LERIA COAS ESTRELAS....

 Bos días 🌞 a todas as familias!!!!

Estos peques están tan motivados de conseguir estrelas prateadas levantando a man, acertando letras e números, camiñando polas nubes, facendo as posturas de ioga e canta cousa se nos vai ocurrindo, que houbo que inventar algo para darlle soporte! 

Foi moi gracioso porque algún empezara xa a acumular as estrelas no mandilón, no tarxeta do bus ou na etiqueta do seu nome da mesa... e estaban tapando todo! Outros estaban lavando as mans bastante regular para que non lle caeran... 

En fin, que en vista da importancia tesorística que lle deron, deseñei estes CARNÉS SEMANAIS:




Estes son os da semana próxima. Ao levalos o venres para casa xunto co mandilón tamén lle serven para ensinarvos orgullosamente o moito que traballaron 🙂. Nós estamos encantadas coas ganas que lle poñen a todo!

Agora, un par de aclaracións pedagóxicas: 
1) Sempre vamos a buscar a maneira de premiar algo a todos, incentivalos e reforzar o positivo.
2) As “caras chungas” as uso en ocasión moi contadas, unha vez esgotados 3 avisos serios, por incumprir unha norma de convivencia. É dicir: son de comportamento, nunca por fallar ou non saber contidos.

Espero que vos sirvan tamén a vos para entablar un diálogo contructivo con eles! 
Unha aperta enorme, Ana.