Benqueridas familias:
Aquí vos poño unhas fotiños, desas cousas de tódolos días que facemos, que igual non quedan super lucidas, pero a min me encantan (desexo que a vos tamén) porque vexo os avances nos peques: Como traballan en equipo e se lles ocorren cousas cada vez máis creativas, como van facendo un trazo cada vez máis claro...
Os debuxos son de sí mesmos, feitos dun e un coa axuda da maravillosa profe María nesa mesiña ao lado do espello. Se queredes traballar con eles as partes da cara mentres os axudades a peinarse ou lavar os dentes, sería un complemento fantástico!
Unha aperta xigante!