Na clase de 4º de infantil celebramos esta festa de orixe celta a través de diversas actividades: desfile de disfraces, realizamos o noso propio mostruo,cantamos cancións de medo, escoitamos contos. Pasamolo xenial!
Ademáis, descubrimos unha nova emoción: O MEDO.
¿Por qué é importante traballar esta emoción primaria na educación infantil?
- axudanos a vivir experiencias novas
- coñecemos os diversos tipos de medo, non existe un só medo
- reacionamos ante situación de perigo
- superar situacións ou circunstancias que nos provocan vergonza, inseguridades
- danos a oportunidade de xerar ferramentas para afrontar certas situacións que nun principio nos xeneran ansiedade.
- gracias a el superámonos a nos mesmos, melloramos e resolvemos situacións que a priori, nos parecían imposibles de enfrentar.
Para rematar agradecer a colaboración e participación das familias(Roi, Clara e Martiño) que nos enviaron un contode medo grabado. ENCANTOUNOS! Coa vosa cooperación o noso proceso de ensinanza aprendizaxe obten grande beneficios e proporcionanos unha gran aprendizaxe significativa.