sábado, 24 de octubre de 2020

O NOSO RECUNCHO DE PATIO

 Persoalmente, eu desfruto moitísimo do patio. 

Non só poque tivemos a sorte de que nos tocara herba, e árbore, e flores, e se vexa o millo, e o mar e se pasee por alí de cando en vez o gato do veciño con cara de sono (que foi un gran acontecemento)...

Senón porque vin a estes pequenos ir transformando o seu xogo. Ao principio todo eran pelexan e “profe, onde están os xoguetes?” E “profe, yo me aburro”. 

Agora debuxan con paus na terra, fan sopas de pedras, voan coas plumas das gaivotas nas mans, tiran bombas de herbas e fan que son confeti (porque todos os días é festa, seica), fanse coxeguiñas no pelo, trenzas a min, xogan a pillar e a trenes, cólganse da árbore coma monos... 

É dicir, que están desenvolvendo intensamente a imaxinación que esta sociedade saturada que temos lles estaba apagando. 

Un libro maravilloso para profundizar nisto é “La educación del asombro” de Catherine L´Ecuyer.

Aquí vos deixo un link a un artigo seu que O BORDA: https://catherinelecuyer.com/2016/07/06/la-importancia-de-educar-en-el-asombro-y-en-la-realidad/

Espero que vos faga tan feliz como a min velos nestas fotos tan cotiás 😊. Aperta grandísima, Ana.