O outono é a época na que as cabazas son as protoganonistas. Hoxe na aula de tres anos, lemos o conto: Corre, corre cabaciña! e posteriormente realizamos a nosa propia cabaza, rasgando papel laranxa e pegando.
As habilidades que favorecemos ao levar a cabo esta actividade son as seguintes:
- Prensión
- Coordinación visomotriz
- Atención
- Manexo da forza
- Coordinación bilateral das mans, posto que as ten que mover en direccións opostas
- Facer a pinza: utilizando o dedo índice e pulgar con forza.
A través desta sinxela e divertida actividade os nenos e nenas están a traballar a súa motricidade fina, tan importante e precisa para a lectoescritura futura.
Para finalizar resaltar unha palabras de Albert Einstein: "O aprendizxe é experiencia"