Pepito é un viaxeiro incansable.
Esta vez decidiu ir á casa de Xabi e a súa familia.
Pasouno moi ben alí porque fixo unha morea de cousas!!!
O kiwi foi a froita que lle descubriron e ata lle ensinaron onde nace e como se recolle!!!
Trouxeron á clase 2 kiwis e contáronnos todas as cousas para as que son bos.
Ata fixeron un libro con debuxos, para que o entenderamos todo mellor!!!
O libro témolo na clase e a todos lles gusta moito lelo.
Ás veces, ata hai algunha discusión...
Ademais, trouxeron magdalenas de kiwi, para compartir. Era unha receita nova, para a súa familia, pero estaba moi boa!!!
Moitas gracias a Xabi e a súa familia, por todo o seu traballo!!!