martes, 29 de enero de 2019

Preparando o Día da Paz.


Nuns días será o Día da Paz.
Así que, no cole imos adornando os corredores, preparándonos para o noso lip dub.

No corredor da entrada, pegamos as nosas mans, feitas en cartolina, con palabras importantes para nós. Que vos parecen a vós??



Tamén ensaiamos o lip dub, co resto do cole, inda que nos costa un pouco esperar...
 Nós imos usar globos.



En Infantil, estamos facendo un mandala con alimentos: pasta, sal, fabas, millo...
Seguro que queda xenial, inda que pegar as cousas, ás veces, costa un pouco.






Bo traballo clases de 3, 4 e 5 anos!!!