jueves, 17 de enero de 2019

A CESTA VIAXEIRA NA CASA DE ROBERTO

Boas a todas e a todos, aquí volvemos unha semana máis para deixarvos mostra do gran traballo que fan os peques e as súas familias coa axuda da ratiña Elsa.
Desta volta tocoulle levar a cesta a Roberto, e decidíu investigar un pouco sobre a piña.
Contounos que se recollen no inverno, que fixo con elas unha tarta mousse de piña e que ten propiedades como o aporte de vitamina c, fibra, antioxidante...
Primeiro deixovos un vídeo que fixeron seus pais para ensinarnos todo o que fixeron na súa casa.



A continuación un pequeno vídeo de como Roberto nos explicou a todas e todos na clase o que investigou:


E por último unha recopilación de fotos que nos mostran como probamos este postre tan rico!





                                                                                                                 




GRAZAS POR TODO FAMILIA!