A semana pasada Pincho decidiu irse de viaxe á casa de Iker, e entre os dous e a súa familia decidiron investigar a mandarina!
Iker contounos que é unha froita con moita vitamina A, e tamén C, ademais de ácido fólico que axuda ás embarazadas... e moitas propiedades que axudan ó noso corazón e a evitar a gripe...
Ademais, trouxo unhas tartaletas con mandarina que todos probamos e estaban moi ricas!
Moitas grazas, familia!