Hoxe tivemos unha nova visita de Pincho á clase despois de viaxar á casa de Raquel! Con ela viviu moitas aventuras pero, a máis importante, foi a de aprender cousas sobre a LARANXA!
Raquel contounos que a laranxa é unha froita do inverno, que ten moita vitamina C, A e B... ademais de fibra (que nos axuda a ir ó baño), moito zume... e que nos axuda a non ter catarros!
Ademais, Raquel fixo coa súa familia un biscoito de laranxa para traer ó cole e que todos e todas probáramos!
Estaba boísimo! Non quedou nadiña!
Moitísimas gracias familia por colaborar e facelo tan ben!