Aínda que con un pouquiño de retraso aquí vos traemos unha mostra do que foi a semana de Sarela e a ratiña Elsa.
Sarela investigou o plátano e contounos cousas tan interesantes como que podemos comer esta froita nas catro estacións e que ten moitas propiedades. Tamén nos contou con todo detalle como fixo coa axuda da súa familia unhas galletas de plátano con forma de círculo!
Todos probaron estas galletas e soubéronnos un montón!
GRACIAS POR TODO FAMILIA!