martes, 5 de febrero de 2019

De onde virá este paquete?


Esta mañá atopámonos con esta caixa na nosa clase.
Ninguén a vira antes nin sabiamos quen a deixara alí.
Despois, vimos que chegara por correo, pero desde onde?
Tivemos que ler a nota e ir abrindo os paquetes.



 A pesares diso, non sabiamos de onde viña, así que buscamos en Internet de onde era Pinocho.
Tamén buscamos máscaras ata que atopamos unhas parecidas a da caixa.
Vimos onde era Sicilia e para que servía esa máquina tan rara (era para facer pasta fresca).
E vós, sabedes de onde son todas esas cousas???
Pois, si, de ITALIA!!!

Agora toca descubrir máis cousas dese país. Axudádesnos???